Feed aggregator

Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois

Mancomun - Mér, 10/03/2010 - 13:15

O estudo presentado hoxe por CENATIC reflicte que o software libre está presente na práctica totalidade das Universidades e Centros de I+D españois.

 

CENATIC presentou hoxe en Madrid, na 3ª asemblea da comunidade Morfeo, o "Estudo sobre a situación actual do software de fontes abertas nas Universidades españolas e Centros de I+D españois". Trátase do primeiro informe que incorpora información cualitativa e cuantitativa do estado de implantación e uso das tecnoloxías libres no mundo académico e investigador en España. 

O informe, elaborado por CENATIC a través do Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas (ONSFA), en colaboración co grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e o grupo CRUE-TIC-SL da Comisión Sectorial do TIC da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, inclúe os resultados dunha enquisa sobre o uso de tecnoloxías de fontes abertas na Universidade española, así como o estudo de 25 casos de implantación, desenvolvemento e promoción de tecnoloxías libres, e unha selección de 20 proxectos I+D en torno ao software de fontes abertas financiados por programas de ámbito estatal e europeo.

...

Anuncio oficial da Akademy-es 2010

Mancomun - Mér, 10/03/2010 - 08:50

A Asociación KDE España organiza un ano máis a Akademy-es, a reunión hispana de usuarios e desenvolvedores de KDE. Este ano a coorganización correrá a cargo de Itsas, o grupo de Software Libre da UPV/EHU (Universidade do País Vasco) coa colaboración do Departamento de Cultura do Goberno Vasco. Celebrarase os días 7, 8 e 9 de maio na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao.

Durante o evento realizaranse charlas, obradoiros e outras actividades (saídas, ceas, ...) coas que se pretenden acadar os seguintes obxectivos:

  • Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecementos.
  • Informar a profesores e estudantes universitarios das capacidades e vantaxes de KDE, para promover o desenvolvemento de Proxectos Fin de Carreira relacionados coa súa plataforma e impulsar o crecemento da comunidade.
  • Dar a coñecer o proxecto KDE como contorno de escritorio e desenvolvemento a persoas sen perfil técnico.
...

Roteiro Cultural "Camiño dos Arrieiros"

Amigus - Mér, 10/03/2010 - 08:14

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes xunto á Liga Céltiga Galaica, e coa colaboración da Asociación Informática Amigus organizan un roteiro cultural polo Camiño dos Arrieiros para o día 27 de marzo. A actividade está deseñada en dúas xornadas. Para esta primeira, establécese un percorrido duns 20 km. a través dos concellos das Pontes e Mañón. A saída terá lugar o sábado 27 ás 10 da mañá diante do local da A.VV. das Campeiras.

A inscrición é gratuita e estará aberta ata o día 26 de marzo. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta mesma páxina ou ben a través dos teléfonos 665 491 312 ou 636 312 271.

O Camiño dos Arrieiros
O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Categorías: LUG's Galegos

El Trimaz y el Chamoselo, vedados tras la suciedad de las obras de la AG-64

Amigus - Mér, 10/03/2010 - 07:15

[La Voz de Galicia] Los ríos Trimaz y Chamoselo estarán cerrados a la pesca en esta próxima temporada de pesca, cuyo inicio ya se prevé para este mismo mes. La situación -ya publicada en el Diario Oficial de Galicia ( DOG ) el pasado 9 de febrero, dentro de la orden de la Consellería do Medio Rural que establece las condiciones para la práctica de esa actividad- llega tras un año, el 2009, en el que la situación de los ríos se vio afectada por las obras de la autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) y por la suciedad que llegó a ambos cauces procedente de los taludes.

Categorías: LUG's Galegos

Chile usa Sw Libre no seu desastre

AGNIX - Mar, 09/03/2010 - 21:36

Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

Sahana é un SwL que foi deseñado despois de que un tsunami devastara Sri Lanka. Este software posteriormente foi utilizado no terremoto de Caxemira en Paquistán e hoxe está a axudar a Haití e a Chile (Sahana Chile).

Sahana ten unha serie de módulos que permiten facer un mapeo
xeoreferenciado do desastre, rexistrar as persoas desaparecidas e as
atopadas, levar o control das doazóns e víveres, localizar nun mapa as
rutas, hospitais, lugares de abastecemento, etc.

Máis información na fonte.

Roberto Brenlla

Categorías: LUG's Galegos

FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” - O ESTEO FS – CERDEDO FS (7-3)

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 16:56

Non foi un bo partido o disputado entre o líder, Esteo, e o penúltimo clasificado, Cerdedo. Os ponteses saíron moi relaxados e na primeira parte non estiveron á altura doutros encontros. Adiantaríanse os pontevedreses cun gol de Sergio, tanto que posteriormente remontarían os locais con goles de Noé e Anxo, resultado co que se chegaría ó descanso. Nos segundos vinte minutos o partido cambiou totalmente e os ponteses melloraron no seu xogo, froito do cal foron os cinco goles que subiron ó marcador, obra de Noé, en tres ocasións, Fran e Jaime. Sergio e Dani marcaron para o Cerdedo. Con este resultado o Esteo continúa de líder con catro puntos sobre o Casás Brulak.

Categorías: LUG's Galegos

CLUB DEPORTIVO AS PONTES - RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 16:51

CD AS PONTES PREFERENTE: Despois de oito xornadas sen perder (cinco sen encaixar un gol), o As Pontes recibiu unha clara derrota (3-0) na súa visita a un dos rivais polos postos de ascenso, o Betanzos. O conxunto brigantino dominou claramente a un As Pontes que saíu ó terreo de xogo sen moita tensión e que se veu sorprendido con dous goles nos primeiros cinco minutos e un terceiro en propia porta antes do descanso. A pesar de que restaban sesenta minutos para o final os ponteses non foron capaces de marcar e si puido facelo o Betanzos nun par de ocasións claras. A pesar da derrota o As Pontes segue de líder seguido a dous puntos do Mesón do Bento (que gañou en Santaballa 1-3) e Dorneda (que empatou na casa co Santiago) e a tres do Betanzos. Na vindeira xornada o As Pontes recibe no Poboado outro complicado rival, o Dorneda.

Categorías: LUG's Galegos

Dous ponteses no partido contra a selección de Lugo

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 16:48

Os xogadores do CD as Pontes Toti, central, e Isma, lateral dereito, foron convocados polo seleccionador ferrolán sub17 para a segunda xornada do Torneo Caixa Galicia que disputará a selección departamental en Lugo este mércores. As tres seleccións xogarán ás 16:30, a sub15 e sub17 xogarán no Campo de As Gandaras e os sub12 no campo de O Polvorín. Na primeira xornada o equipo xuvenil logrou un meritorio empate a 1-1 con A Coruña, os sub15 perderon 0-4 e os alevíns ganaron brillantemente 2-0.

Categorías: LUG's Galegos

Nota de Prensa CIG: ERE no Grupo de Empresas de ACEBRÓN

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 13:07

O Grupo Acebrón de As Pontes vén de asinar un Ere de suspensión temporal (pendente de aprobación pola Autoridade Administrativa), por un máximo de nove meses.

Afecta a 44 traballadores de diferentes empresas do Grupo, e cada un destes traballadores estará no Ere un máximo de seis meses.

As empresas inmersas no Ere son: Mecace, Acesan e Acemetal.

Debemos lembrar que, nos repetidos anuncios do Alcalde de As Pontes sobre creación de emprego, está Acecal (tamén do Grupo Acebrón), que segundo a Alcaldía ía crear 30 postos de traballo; mais unha vez, ao Alcalde pérdelle o desaforado interese por facer anuncios sen contrastar a realidade das empresas da localidade.

As Pontes, 9 de marzo de 2010

Categorías: LUG's Galegos

Informe da OSL da USC da tradución ao galego do navegador Firefox 3.6

Mancomun - Mar, 09/03/2010 - 13:00

Dende a OSL da USC infórmannos que completaron a revisión da localización do navegador Firefox 3.6 que irá incluído como navegador predeterminado na vindeira Ubuntu LTS 10.04.

Esta revisión únese ao excelente traballo realizado na revisión e tradución do GNOME 2.30 e complementarase cunha estreita colaboración cos membros do grupo de localización de Ubuntu para obter unha tradución de calidade e o máis completa posible da nova versión de Ubuntu. 

Estas actividades responden a que a vindeira Ubuntu é unha versión estable no tempo e cun período de mantemento longo (LTS). Isto confírelle unhas características que lles permite ás empresas e institucións que precisan dun contorno eficaz, probado e robusto decidirse pola súa implantación.

Debido a importancia que ten o navegador Firefox, a Oficina dentro do seu tempo e capacidades, decidiu comprobar o estado da tradución da versión 3.6 e realizou un informe sobre o traballo realizado para adaptar a tradución para a versión de Ubuntu que implanta na universidade. A OSL xa enviou este informe á lista oficial do proxecto de localización ao galego dos aplicativos de Mozilla.

...

Actualización do editor de vídeo OpenShot

Mancomun - Mar, 09/03/2010 - 11:20

Openshot é un editor de vídeo non lineal para GNU/Linux que leva certo tempo xa creando expectativa. A orixe deste editor está na man de Jonathan Thomas, usuario de Ubuntu que buscaba un editor de vídeo potente, estable e fácil de empregar. Apenas dous meses despois da publicación da versión 1.0 de OpenShot, os seus desenvolvedores anuncian a dispoñibilidade da nova versión 1.10. Ademais das habituais correccións de erros, inclúe novas e interesantes características así como un gran número de melloras.

O éxito de OpenShot non radica nun amplo catálogo de opcións e menús, senón na inclusión de gran cantidade de efectos e transicións e nun uso intuitivo e sinxelo. A primeira vista, presenta una interface moi semellante á de outros editores de vídeo como por exemplo o coñecido Windows Movie Maker.

...

Bases do CONCURSO DE CARTEIS que anunciará as FESTAS DO CARME E A FRAGA 2010

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 07:47

O Concello das Pontes convoca un concurso para seleccionar o cartel oficial que publicitará as festas do Carme e A Fraga de 2010.

O concurso está dirixido a mozos e mozas de entre 14 a 30 anos. O cartel premiado recibirá un premio de 300 euros, ademais haberá dous accésits de 100 euros cada un.

O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 12 de abril

Categorías: LUG's Galegos

Vecinos del centro de As Pontes piden la finalización de la plaza del Carmen

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 07:25

El gobierno local asegura que las obras están encauzadas, aunque reconoce problemas en la empresa adjudicataria

[La Voz de Galicia, por A. Bruquetas] Los vecinos del centro de As Pontes piden «celeridad» en la conclusión de la remodelación de la plaza del Carmen. Las obras han reducido los aparcamientos en la zona y los comerciantes aseguran que por este motivo han visto reducidas sus ventas. Por su parte, el gobierno local solicita paciencia a los afectados, subraya que el proyecto «ya está encauzado», aunque reconoce que la empresa adjudicataria, la constructora San Martín, «ha tenido problemas de liquidez» que han frenado la conclusión de las tareas.

Categorías: LUG's Galegos

Office 2010 saldrá en mayo

Amigus - Mar, 09/03/2010 - 07:05

Microsoft hará oficial el lanzamiento de Office 2010 para empresas en el mes de mayo. Asimismo, los usuarios que deseen comprar online Office 2007, tendrán la oportunidad de actualizarse a la versión 2010 sin ningún tipo de coste adicional durante el mes de junio.

Categorías: LUG's Galegos

Club de Montaña O Caxado

Amigus - Lun, 08/03/2010 - 15:43

"Como prometemos en correos anterirores, informamos da saída prevista para este Domingo dia 14 de Marzo. Nesta ocasión iremos camiñar polos concellos de Ares e Mugardos, un recorrido pola costa vendo as atiguas defensas militares, hoxe abandonadas así como as vistas cara Ferrol e A Coruña dende Montefaro e a Bailadora. Dificultade baixa e recorrido aproximado de 17 kms.
Saida o Domingo as 8:30 da mañá do Polideportivo municipal para rematar arredor das duas da tarde e volta para as Pontes.
Para anotarse chamade o Tf 654166777 ou en jcaaveiro@yahoo.es antes das 2 da tarde do Sabado, como teremos que levar autobus habera que pagar 10 € por persona que se faran efectivos no momento da saída.
Pregamos que a xente que se apunte, logo que non se volva atras pois repercutiríanos no precio do transporte
."

Categorías: LUG's Galegos

Relatorios de introdución ao software libre no IES de Oroso

Mancomun - Lun, 08/03/2010 - 08:01

A asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable.org, anuncia na súa web que dentro do seu plan de traballo deste ano 2010, na sección de charlas e conferencias nos Centros Educativos da comarca de Ordes, impartirán, durante este mes de Marzo, 4 novos relatorios de introdución ao software libre no IES de Oroso.

As charlas impartiránse a 2 grupos de rapaces de 3º de ESO.

  • Sesión 1: mércores 10 de marzo:
    • 16:30 Grupo 1 --> Introducción ó Software Libre I
    • 17:20 Grupo 2 --> Introducción ó Software Libre I

  • Sesión 2: mércores 17 de marzo:
    • 16:30 Grupo 1 --> Introducción ó Software Libre II
    • 17:20 Grupo 2 --> Introducción ó Software Libre II
...

PARTIDOS FEMININOS

Amigus - Lun, 08/03/2010 - 07:53

O As Pontes Feminino comezou con bo pe a súa andaina na Copa Galega tras vencer a domicilio ó Milagrosa de Lugo por 1 gol a 2.

Comezaron gañando as azuis tras un golazo de Carlota, pero rápidamente empataron as visitantes por medio de Paula. No segundo tempo Alba marcou o segundo tanto batendo por alto á porteira visitante, e a pesar de que houbo ocasións para os dous bandos o marcador non se moveu e o As Pontes vence a domicilio ó seu principal rival para conseguir un posto na seguinte fase. O Victoria de A Coruña, equipo que gañou todos os partidos de Liga perfilase como o campión de grupo, e pola segunda plaza que da acceso á segunda ronda semella que loitarán pontesas e lucenses.

Categorías: LUG's Galegos

La Xunta admite que Endesa mantuvo seco el río Eume durante medio siglo

Amigus - Lun, 08/03/2010 - 07:35

La empresa responde a la Fiscalía que nadie le exigió un caudal ecológico

[El País] La Consellería de Medio Rural reconoce que Endesa desecó un tramo del río Eume durante cinco décadas "provocando la pérdida de su ecosistema acuático". En un informe de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza remitido a la fiscalía provincial especializada en delitos ambientales a finales de febrero, la Xunta admite que desde 1960 no "hay constancia de que Endesa haya soltado caudal ecológico" en los 50 años de existencia del embalse de A Capela. Como consecuencia, un tramo de 3,4 kilómetros del cauce del Eume, entre la represa y la central hidroeléctrica situada río abajo, "ha permanecido seco", salvo por "pequeños aportes de agua" de algún regato próximo o cuando el embalse rebosó.

Categorías: LUG's Galegos

Día de demostración de aplicativos libres de Mozilla Hispano en Madrid

Mancomun - Lun, 08/03/2010 - 07:22

A comunidade Mozilla Hispano celebrará durante a tarde do vindeiro sábado día 13 de marzo, nas instalacións de Media Lab Prado, en Madrid, un DemoDay de aplicativos libres. Contará coa colaboración de Iniciativa Focus eo grupo de investigación GSyC/Libresoft. A entrada é gratuíta e libre só restrinxida polo aforo do local, polo que é preciso realizar unha inscrición previa.

Segundo comentan os organizadores, este evento servirá para que as persoas que non estean familiarizadas cos aplicativos libres poidan ver en directo como funcionan e convencerse da súa utilidade e para aqueles que xa coñecen os aplicativos que poidan aprender a tirar maior proveito dos mesmos. Os aplicativos que se empregarán son, entre outros, Firefox, Thunderbird, OpenOffice.org, Gnome e Ubuntu.

...

El Ayuntamiento de As Pontes organiza para Semana Santa un campamento urbano para conciliar familia y trabajo

Amigus - Lun, 08/03/2010 - 07:18

[Cope.es] El Ayuntamiento de As Pontes, a través del departamento de Servicios Sociales y del Centro de Información a la Mujer (CIM), está preparando un campamento urbano que se desarrollará en las próximas vacaciones de Semana Santa, con el fin de ofrecer una alternativa a los padres y madres que, durante estos días, deben continuar con su actividad laboral y social.

Categorías: LUG's Galegos
Distribuir contido