Deixo unha serie de enlaces que me parecen interesantes:
Discurso de Neelie Kroes, comisaria europea de Agenda Digital, na GUADEC 2010, 17 de xullo de 2010.
Malasia supera o 97% na adopción de SwL (Software Libre e de Código Aberto -opensource-) segundo pode lerse ao longo do documento que o Programa de Sw OpenSource do Goberno Malaio ofrece nas táboas de seguimento da súa Axencia OSS.
Malia ser unha cifra máis que respectable e a envexa de moitos gobernos, a meta dese goberno é aínda ben maior.
Supoño que nun breve futuro o Google Maps Navigation terá a posibilidade de ser plenamente funcional sen necesidade de conectarse a internet. Nese intre só teremos que planear a nosa ruta, descargar os mapas cunha boa conexión e sair de viaxe sen acceder a internet.
Mentras ese intre non chegue, velaquí os pasos que din: