Acaba de descubrirme Diego, por medio de Barrapunto, un evento que nos resultou bastante interesante: A exposición internacional de xogos en LISP. O certo é que estamos tentando formar un equipo para poder presentar algo ese día. Tamén temos pensado que o equipo se manteña para o concurso de Poesía en Perl.
Seguro que algún tivo que reinstalar un MS Windows tendo unha distribución Linux instalada co seu correspondente cargador de SO. Pois ben, se algún se viu nesa situación, saberá que ó instalar Win cargase o instalador, deixándonos sen opción de arrancar o Linux. Para esta xente, e ós que posiblemente lles vaia pasar algunha vez, deixo un pequeno "postit" para poder arranxalo.
A OSL da Universidade da Coruña, que ten o seu domicilio social na primeira planta do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación (máis coñecido como CITIC) do campus de Elviña, escolleu o comezo de decembro como a data para realizar dúas interesantes actividades.
Bueno, bueno, bueno... Leo en Gizmodo (inglish), que Microsoft patentou o comando "sudo", é dicir, Microsoft patentou un comando que ven de serie nos sistemas *NIX dende fai moitísimo tempo e que se pode probar fácilmente que non foron eles os que o inventaron, ou que ese nome xa existía antes.
Como se pode ver no menu de navegación, creei un pequeno espacio temporal na web no que ir poñendo que días e horas estaremos polo local social para facer algunha que outra cousiña e que a xente interesada pase por alí para poder traballar xuntos ;D.
Si rapaces, a xente de Ubuntu publicou onte a versión que lle tocaba este mes, a cal ten como nome en clave Karmic Koala, coa tendencia que tivo esta distribución dende os seus comezos fai algúns anos: ser un referente no escritorio GNU/Linux e plantarlle cara ás alternativas comerciales.
No artigo Novidades en dous dos grupos galegos de usuarios de Linux, Mancomún fai pública a nova do local que en breve poderemos disfrutar. É interesante que o resto de LUGS sepan dispoñemos (en principio esta semana poderemos asentarnos alí xa) dun espacio no que poder realizar xuntanzas e facer proxectos en común, xa sexan ideas nosas ou propostas polos outros grupos.
O outro día atopei en Microsiervos un enlace moi interesante a un artigo que comentaba algunha das razóns polas que é bo ensinar Softwae Libre ós rapaces en idade de instituto (13-18 anos) e o uso que lle poderían dar.