Ver videos youtube en Ubuntu 8.10

Levo un tempo probando a nova Ubuntu 8.10 no meu portatil tras actualizar dende a versión 8.04 e ate o de agora sen excesivos problemas. Depois instalei o metapaquete Araos e tamén funcionaba ben pero a miña ansía era grande dabondo coma para probar a nova Kde 4.2. A verdade e que estou contento e procedin a limpar un pouco o disco duro e desinstalei o Gnome e nese momento deixei de ver os videos tanto de Youtube coma doutras páxinas similares, a solución pasou por eliminar completamente o paquete Totem e as súas librerias así coma o Gnash, parece que tiña algun tipo de incompatibildade con reproductor de Adobe e o video cargaba pero nunca chegaba a comenzar a reproducción. Feito isto e reiniciado o Firefox todo funciona como debería.

Cousas de usar versións inestables pero... por algo se chama así a asociación non??