Dende a asociación convidamosvos a participar no concurso de Stepmanía que se desenrolará na próxima edición da Xuventude Galicia Net 2009.
Descripción e normas:
Torneo con duas modalidades en función do número de persoas inscritas,iniciación e avanzado. Realizaráse unha rolda previa clasificatoria e posteriormente unhas eliminatorias entre os millores clasificados segundo o esquema de cuartos (opcional),semis e final.
O obxetivo consiste en clasificarse para a fase final na súa categoría e posteriormente acadar superar ó rival asignado nos cruces ata a final.
*Normas do concurso
- Non se poderán modificar as opción globais do xogo
- Queda prohibido o uso de bebidas enriba das plataformas ou de calquera outro medio que poida danar as mesmas
- Queda terminante prohibido perxudicar ó contricante durante a duración da canción.
- Prohíbese o uso de calzado con tacóns ou remaches metálicos que poida danar as plataformas
- Queda prohibida calquera axuda de terceiras persoas durante a realización da proba.
*Desenrolo do xogo:
- Haberá unha competición por nivel (en función do número de inscritos).
- Cada concursante de cada nivel fará 2 cancions, escollidas polo xogador da lista de cancións dispoñibels.
- Haberá unha fase clasificatoria previa onde cada xogador escollerá o nivel de dificultade no que participa e as cancións, a súa puntuación será a media de ambas puntuacións con ata 3 decimais.
As mellores puntuacións medias de cada nivel pasarán a seguinte rolda.
Definición de niveis:
- Novato: 1 a 3 pés
- Avanzado: 4 a 6 pés
Final:
- Cada xogador fará duas cancions predeterminadas polos xuíces
- O gañador será ou obteña una millor media entre ambas cancións.
- En caso de empate na final ou semifinales podese concretar unha canción de desempate decidida polo xurado.
--------------------------------------------------------------------
Opcións predeterminadas:
* Machine Options:
o Scoring Type: Max2
o Judge Difficulty: 4
o Life Difficulty: 4
o Progressive Stage Lifebar: Off
o Progressive Nonstop Lifebar: Off
o Fail Type: Immediate
* Song Options:
o Mines: Off
o Holds: On
Opcións modificables polo xogador en Song Options:
* Speed
* Perspective
* Note Skin
-----------------------------------------------------
Agardamos a vosa participación...