II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Informamos da organización das II Xornadas Xcarfos.

Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009
Prazo de matrícula: aberto ata o próximo 3 de xullo de 2009.

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten
automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos.
Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha
introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de
ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e
no ensino.

O obxectivo principal destas xornadas é dotar ó alumno cun coñecemento
básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con
microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No
curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre
Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles
en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros
nos que se programará un minirobot móbil autónomo. As xornadas
consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas
sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación
estruturada.

Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago
de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da
USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o
título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de
libre configuración.

Un saúdo,

A organización de XCARFOS'09