Rychlá půjčka
rychlá půjčka praha
rychlá půjčka
help pujcky ihned pro nezamestnane
půjčka online brno
Skip to Content

¿Quen somos?


A asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes (máis coñecida como Inestable) nace polo ano 2003, cando dous rapaces decidimos ocupar a nosa semana santa realizando unha serie de charlas de introducción a GNU/Linux. Esta tradición foise repetindo durante os anos e aumentando o número de persoas involucradas con nós, pero o noso gran logro foi conseguir que, a finais do 2009, o concello de Ordes nos cedese un espacio na Casa da Cultura para utilizar como local social, o que lle dou un gran impulso á asociación.

O obxectivo desta asociación é a difusión do software e da cultura libre na comarca de Ordes e en Galicia en xeral. Para isto realizamos diferentes tipos de actividades moi diversas acordes co carácter dinámico e heteroxéneo dos asociados.

O que máis lle chama a atención á xente é o nome da asociación, xa que se sae das típicas siglas que utilizan o resto de asociacións. Este nome ven de que o primeiro ano, tivemos moi pouco tempo para organizar as Xornadas, polo que, ó igual que os programas en desenvolvemento, decidimos denominalas "Codename: Inestable". Ademáis, sempre gustamos de utilizar programas e distribucións en versións inestables, o que reforzaba que a posteriori a asociación se chamase así.
A outra versión "non oficial", é que simplemente somos un grupo de xente mentalmente inestable ;D.
Actualmente, Inestable, é unha asociación dedicada a promover o Software Libre no entorno do Concello de Ordes así como a divulgación dos nosos intereses tecnolóxicos.



Theme by Dr. Radut.