Cinestable Audio+Video
Xa pasada a resaca do I Cinestable, festival de curtametraxes creative commons. Organizado por nós temos que dicir que foi todo un éxito e que estamos moi ledos de ver a resposta da xente ante tanto esforzo que puxemos en facer que esta iniciativa funcionase.
A relación de gañadores foi a seguinte:
Premio á mellor curtametraxe : Xogando con propiedade de AC Lucerna
Premio á mellor curtametraxe en galego : RC14 de Dolores Iglesias
Premio do público : Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez
Temoslle que dar a noraboa a tódolos participantes xa que todos merecían gañar polo gran nivel amosado en todas as cintas.
Tamén colgamos as fotos do festival na nosa conta de picasa e tamén habilitamos unha canle en Vimeo onde poderedes atopar todalas curtametraxes que concorreron a concurso.
Así mesmo se queredes máis información sobre o festival remitimosvos á páxina do mesmo.





