Skip to Content

Primeira sesión do obradoiro de robótica

Imaxe de nika

Onte, 5 de novembro, tivemos a primeira xornada do obradoiro de robótica que estamos realizando os venres deste mes de novembro. Tivemos unha boa participación, en total éramos máis de 20 persoas, o que fixo que houbese moi bo ambiente.

Montando os legos

Esta primeira sesión consistiu en dar unha pequena introducción a java e presentar o kit de robótica LEGO Mindstorms co ue realizaremos os nosos proxectos.

Finalmente, os asistentes realizaron o montaxe de un dos exemplos de http://www.nxtprograms.com/ .

Para a próxima semana, realizaremos un aondamento no framework LeJOS (http://lejos.sourceforge.net) por medio dun vehículo mais ou menos estándar ó que lle introduciremos distintos programas.

Actualización: Creamos unha galería en Picasa coas fotos do primeiro obradoiro. Ademáis adxuntamos as transparencias da presentación realizada.

AnexoTamaño
Robotica-20100510.pdf1.48 MB


story | by Dr. Radut