Arduino Barcamp Ordes 2011
Unha vez descansados do II Cinestable, volvemos cunha nova actividade. Como xa sabedes, dende o pasado ano decidimos introducirnos tamén na programación de robots a tavés da plataforma LeJos. Pois agora damos un novo paso e introducímonos na filosofía do hardware libre, neste caso da man de Arduino.
Nas VIII Xornadas xa falamos un pouco de que consistía o proxecto e quedounos ganas de organizar un evento cunha temática máis avanzada na que puidésemos montar e mostrar proxectos.
Ese día está cerca, será o sábado 5 de Novembro durante todo o día na Casa da Cultura de Ordes (ver mapa máis abaixo). A xornada terá formato barcamp e teremos como poñentes a Oscar González e a AlexTC de BricoGeek cos cales trataremos os seguintes temas, entre outros que vaian aparecendo:
- Introducción á electrónica
- Presentación da plataforma Arduino
- Montaxes típicas e iniciación á robótica
- Presentación e explicación do robot Orugas
- Comunicación inalámbrica mediante Xbee
- Presentación de módulos de expansión e material diverso
Os temas a tratar non están pechados, e aquel que queira mostrarnos o seu proxecto será benvido. Iremos actualizando na web para dar a coñecer os horarios ;)
NON dubidedes en traer os vosos portátiles para facer pequenos exemplos e se tedes proxectos feitos vide e faladenos deles!!! :P
Saúdos!

Como Chegar
Esta actividade forma parte das actividades que Inestable desenvolve ao abeiro do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011







Comments
Entereime moi tarde.
Como xa me pasou noutras ocasións para este tipo de eventos, sucedeu que entereime demasiado tarde.
Os mecanismos ou medios de comunicación para estas actividades, son demasiado sectarios.
Isto quere dicir, que ou estas subscrito a un montón de listas de correo, de blogs ou/e de webs. E pasa medio día lendo neles, sin facer outra cousa, ou non te enteras.
Non estaría de menos que a Secretaría Xeral de Modernización e... dera publicidade dunha maneira mais eficiente este tipo de eventos, aproveitando os medios públicos de que dispón, e de que os medios privados entendan que isto tamén e cultura, que a cultura non é só a literatura, o cine e o teatro.
Despois do Barcamp2011 Ordes...
Eu pensaba que iamos ser catro gatos alí, pero, polo que comentaron algúns membros da organización, rebasáronse todas as previsións. Parece que había ganas dun evento así! Veu xente de Ferrol, de Vigo, de Santiago, profesionais, aficionados, curiosos, usuarios avanzados e novatos... de todo. Así que felicitacións ós organizadores, por facernos ver que hai xente cerquiña de nós que comparte a nosa afición, que fai cousas, e moi interesantes!!
Durante as charlas falouse de crear un foro onde poidésemos participar todos. Alguén suxeriu que se podía utilizar un grupo de google que xa tiñan creado, o groups.google.com/group/oshw-gl, pero debín anotar mal, porque me di que non existe ese grupo. Hai algún outro?
Unha vez máis, felicitacións.
Saúdos,
Marcos Cobas
Asistencia.
hola
Quería saber se a asistencia é aberta ou se ten que mandar unha petición.
gracias.
Asistencia
Ola!
A asistencia é aberta e de balde, pregamos vos apuntedes ó evento en facebook que temos para estimar a cantidade de xente que pode vir :-)
Aquí o evento: http://goo.gl/O5vHH
Documentación
Hola soy 'coleoptero' moderador del foro de arduino español. Estará muy bien contar con la documentación que generéis en la arduino barcamp para subirla al playground [http://arduino.cc/playground/Es/Es].
Documentación
Hola coleoptero;
Procuraremos subir toda la documentación si ves que nos olvidamos contacta con nosotros y podríamos también enviártela vía e-mail.
Saludos!
Arduino tambien al Hackmeeting
http://sindominio.net/hackmeeting/
Arduino en Hackmeeting
Estamos al tanto pero no se si alguien se podrá pasar!
Espero que vaya muy bien el hackmeeting este año :-)
Saludos!