Estamos comezando co noso local social, polo que aínda estamos traballando nos actos que realizaremos nel, pero iremos poñendo nesta sección os días que estaremos por alí dispostos a axudar en calquera asunto relacionado co Software Libre.
Tentaremos que sexa un "hacklab" semanal, no que poidamos facer cousas propostas tanto por nos coma por vos.
Nota: Deixo o meu mail para que poidades propoñerme cousas ou se queredes consultar se é posible ir outro día.
O local social da Asociación de Usuarios de GNU/Linux inestable.org está situado na segunda planta da Casa da Cultura de Ordes, sitúada na Rúa Galicia Nº 31 (ó lado de Viriato).