Onte 17 de decembro de 2009, os "inestables" estivemos no IES de Oroso compartindo 2 sesións lectivas (50 min/sesión) con sendos grupos de 4º da ESO.
Invitados pola súa titora Amelia tivemos a oportunidade de impartir charlas de introducción ao concepto de Software Libre.
Ambas sesións podémolas considerar de luxo posto que o aforo en cada unha delas non pasaba de 15 participantes polo que, aínda que o tempo é moi limitadiño, dounos tempo a completar sen prisas a presentación que levábamos preparada e incluso houbo ocasión de poder respostar a algunhas cuestións prantexadas polos asistentes.
Nas sesións, como é costume, fixemos entrega de CD's de Galinux aportadas por Mancomun.
Pola nosa parte fixemos o ofrecimento de impartir máis charlas no que tanto a titora coma o director estiveron moi interesados, e prantexamos a posibilidade de organizar máis charlas, algún obradoiro práctico e non só para discípulos senón tamén para docentes.