Ola: anunciámosvos que a actividade planificada de Obradoiros de instalación xa ten a súa programación (in)estable: por defecto (by default...) o derradeiro sábado de cada mes estaremos no local á disposición de quen teña interés en instalar algunha versión de GNU/Linux no(s) seu(s) equipo(s).
(but...) Facemos a salvedade de que en ocasións pode suceder que dito sábado programado non se poda celebrar por algún motivo, polo que quen estea interesado pode visita-la web para saber en cada momento si se fai ou non. De feito iste mes de abril o sábado de "install" coincide coa celebración da Festa do Champiñón, en Ordes; e nós, os inestables, imos estar no campo da feira con "xoguetes" libres no noso propio stand. É por isto que en abril (current) o obradoiro de instalación adianta a súa programación e celebrarémolo iste sábado que vén, día 17. Estaremos alí á vosa disposición a partir das 16:30 (2º andar da Casa de Cultura en Ordes)
Aparte dos obradoiros programados e as súas salvedades, a petición tamén podemos programar noutras datas, e mesmo (se houbera xente abondo) poderíamos prantexarnos unha "quedada" de fin de semana.
Qué facemos nun obradoiro de instalación?
Na planificación recollemos como resultado dos obradoiros de instalación un torneo que se vai celebrar a finais do verao (aínda sen data concreta).
Trátase de presentar o escritorio de cada participante e expoñe-los seu modo de traballar e, en base a parámetros de usabilidade, ergonomía, e mesmo estética, puntua-lo.
Por suposto haberá premios (aínda sen concretar)
A iste torneo pódese presentar calquera usuario dalgunha distribución GNU/Linux, é dicir, non é necesario que participe nos obradoiros, claro que se hai usuarios que xa empreguen GNU/Linux, aínda que non precise os obradoiros de instalación, pode participar connosco e así axudar á xente que veña.
Estades tod@s convidad@s.