Skip to Content

nika's picture

Comeza o camiño de FreeLens

Como xa anunciaba fai uns días, estamos a organizar un certame de fotografía Creative Commons, e o primeiro paso é ter unha web para el. Pois aquí a tedes:FreeLens.

Freelens

Como podedes ler na web, nos próximos días fixaremos as categorías e os premios, polo que pouco a pouco van chegar novidades fotográficas =).

nika's picture

Próximos eventos

Saúdos amigos, aínda que pareza o contrario, en Inestable estamos a traballar duramente nas próximas actividades que levaremos a cabo e queremos adiantarvos 2 novidades das que teredes máis información nos vindeiros días:

  • Freelens: O certame de fotografía Creative Commons que levaremos a cabo durante os meses de verán.
  • Noite Drupal: Por medio dunha colaboración coa Comunidade "O Zulo" de Mugardos e Galpón de Vigo, realizaremos en Ordes unha xornada sobre o xestor de contidos Drupal.
diego's picture

Premio concurso PKI

Traemos información fresca aínda que con un pouco de retraso:

O formato do concurso que pecha este ano as Xornadas GNU/Linux de Ordes consistirá nun simple xogo estilo quiz de preguntas e respostas sobre o que se vaia vendo nas propias xornadas así como de cultura xeral sobre o mundo do software libre.

Cada pregunta terá unha puntuación en función da dificultade e o gañador poderá levarse para casa un TABLET PC co sistema operativo Android cortesía de ATX valorado en máis de 100€

Información máis concreta para o concurso dentro das propias Xornadas, polo que se deduce que será presencial ;-)

Saúdos!

salva's picture

'Copiad, malditos!': camiños alternativos ó 'copyright'

Estreo na 2 dun documental con licencia Creative Commons.
O documental reflicte o debate en torno á propiedade intelectual.
Será o primeiro documental descargable en RTVE.es
Copiad, malditos! estrease o domingo 17 de abril ás 22 h en La 2

http://www.rtve.es/television/20110411/copiad-malditos-caminos-alternati...

diego's picture

Linux cumpre 20 anos!!

Linux cumpre 20 anos e a LinuxFoundation fixo un video conmemorativo moi interesante!

diego's picture

Programa VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes

Estamos moi contentos de podervos anunciar que xa temos o programa definitivo para as VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que levamos organizando dende 2003.

Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretendemos achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.

Este ano contaremos ademáis cun pequeno concurso chamado PKI e no que o gañador recibirá un pequeno premio que confirmaremos ó longo desta semana, así coma o formato do concurso.

A asistencia as xornadas é gratuíta.

Aquí está o programa:

  • Xoves 21 Mañá (10 - 13.30)
  • Presentación (30') N. Vidal
  • Charla sobre software libre (90') S. Tabarés
  • Obradoiro de drupal (90') A. Permuy
  • Xoves 21 Tarde (16.00 - 19.30)
  • FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90') D. Bañobre
  • Software libre na universidade (90') M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
  • Venres 22 Mañá (10 - 13.30)
  • Túneles IP cifrados con OpenSSH (90') O. Casal
  • Presentación Obradoiro Arduino (90') J. Rodríguez
  • Venres 22 Tarde (16 - 19.30)
  • Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90') N. Vidal
  • PKI, o concurso definitivo!
salva's picture

Noite Drupal & GNU/Linux

Alberto Permuy (Comunidade O Zulo) fáinos chegar a seguinte nova de interese xeral:
Bo día.

salva's picture

Xornadas Libres

Dende GPUL anuncian unha nova edición das "Xornadas de Software Libre", reconvertidas nas novas "Xornadas Libres", máis xerais, onde se acollerán tamén temas coma o Hardware Libre, entre outros.

O evento celebrarase do 28/03/2011 ó 31/03/2011 na Facultade de Informática da Coruña.

Na súa web tedes o programa completo e as modalidades que tedes de comunicarlles a vosa asistencia para que podan estima-lo aforo.

diego's picture

apache2+mysql+php5+userdir environment in one line!


aptitude install apache2 mysql-server && a2enmod php5 userdir && apache2ctl restart && sed -i 's/#</</;s/#\s\s//' /etc/apache2/mods-enabled/php5.conf && mkdir ~/public_html && echo "<? phpinfo() ?>" > ~/public_html/info.php

Y esto amigos, es una chorrada fruto de mi aburrimiento personal.

Si alguien lo prueba y tiene problemas o sugerencias es la versión 0.0.0.1

[Actualizado]: He refinado un poco el sed para que encaje con el patrón de fichero de configuración de userdir por defecto de debian

Comunicado da Comunidade Galega do Software Libre

Publicamos aquí unha nota asinada pola comunidade do software libre galega onde amosamos a nosa disconformidade cos acordos entre a Xunta de Galicia e a empresa Microsoft.

«Dende a comunidade de software libre galega queremos expresar as nosas inquedanzas e o malestar que nos produce a reedición dos acordos entre o goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, e a empresa Microsoft. A SXPL disponse a anunciar a dispoñibilidade dos produtos privativos desta empresa na nosa lingua galega e faino por medio dunha campaña que deu en chamar «Vive en galego».

Syndicate content


Theme by Dr. Radut.