Skip to Content

inestable

nika's picture

Exito na Inestable Arduino Barcamp

A penas pasaron unhas horas dende que rematou a primeira Barcamp Arduino (#barcampOrdes11) e penso que a gran maioría estamos aínda asimilando todo o que onte vivimos, pero xa podo adiantarvos que todos os da organización estamos moi conentos co resultado da Barcamp, xa non so polas cousas que se presentaron, se non por xuntarnos e coñecer nova xente coas mesmas inquietudes, o que nos fai que estemos pensando xa en organizar a seguinte, que podería ser moi pronto. E sobre todo queremos dar as gracias de antemán a Jose, Óscar e Alex por organizar o evento.

nika's picture

Próximos eventos

Saúdos amigos, aínda que pareza o contrario, en Inestable estamos a traballar duramente nas próximas actividades que levaremos a cabo e queremos adiantarvos 2 novidades das que teredes máis información nos vindeiros días:

  • Freelens: O certame de fotografía Creative Commons que levaremos a cabo durante os meses de verán.
  • Noite Drupal: Por medio dunha colaboración coa Comunidade "O Zulo" de Mugardos e Galpón de Vigo, realizaremos en Ordes unha xornada sobre o xestor de contidos Drupal.
diego's picture

Premio concurso PKI

Traemos información fresca aínda que con un pouco de retraso:

O formato do concurso que pecha este ano as Xornadas GNU/Linux de Ordes consistirá nun simple xogo estilo quiz de preguntas e respostas sobre o que se vaia vendo nas propias xornadas así como de cultura xeral sobre o mundo do software libre.

Cada pregunta terá unha puntuación en función da dificultade e o gañador poderá levarse para casa un TABLET PC co sistema operativo Android cortesía de ATX valorado en máis de 100€

Información máis concreta para o concurso dentro das propias Xornadas, polo que se deduce que será presencial ;-)

Saúdos!

diego's picture

Linux cumpre 20 anos!!

Linux cumpre 20 anos e a LinuxFoundation fixo un video conmemorativo moi interesante!

diego's picture

Programa VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes

Estamos moi contentos de podervos anunciar que xa temos o programa definitivo para as VIII Xornadas sobre GNU/Linux de Ordes que levamos organizando dende 2003.

Estas xornadas constan de dous días de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretendemos achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.

Este ano contaremos ademáis cun pequeno concurso chamado PKI e no que o gañador recibirá un pequeno premio que confirmaremos ó longo desta semana, así coma o formato do concurso.

A asistencia as xornadas é gratuíta.

Aquí está o programa:

  • Xoves 21 Mañá (10 - 13.30)
  • Presentación (30') N. Vidal
  • Charla sobre software libre (90') S. Tabarés
  • Obradoiro de drupal (90') A. Permuy
  • Xoves 21 Tarde (16.00 - 19.30)
  • FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90') D. Bañobre
  • Software libre na universidade (90') M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
  • Venres 22 Mañá (10 - 13.30)
  • Túneles IP cifrados con OpenSSH (90') O. Casal
  • Presentación Obradoiro Arduino (90') J. Rodríguez
  • Venres 22 Tarde (16 - 19.30)
  • Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90') N. Vidal
  • PKI, o concurso definitivo!
miguel's picture

Os trasnos invaden Ordes!: A Trasnada '10

Os trasnegos, entre os cales me atopo, acordamos invadir Ordes este día 16 de Outubro para celebrar o primeiro festival de tradución de software libre ao galego, a Trasnada '10. Como non, os inestables estarán (estaremos ;) ) alí preparados para recibir a tan peculiares convidados.

diego's picture

Novo comezo

Co traslado da nosa páxina a Openhost decidimos facerlle de paso un lavado de cara cun novo tema para drupal un pouco retocado para as nosas necesidades.

Tamén habilitamos un botón para compartir nas diferentes redes sociais todo contido da nosa páxina que vos resulte interesante.

En breves subiremos toda a documentación e ademais faremos posible que calquera que esté interesado en ser socio de Inestable poida realizar o proceso a través dun formulario na web.

Como dirían por ahí estade atentos ou como dirían os que saben inglés: "stay tuned"!

Traslado completado!

O traslado a Openhost xa é un feito para Inestable. Comeza aquí a nova colaboración Inestable-Openhost.

Aproveitamos para informarvos de que estamos a preparar unha nova cara para a nosa páxina ademais de actividades moi interesantes que realizaremos nos vindeiros meses. Estade moi atentos á nosa páxina!

Mudámonos a openhost

Inestable múdase de hosting nas vindeiras semanas cara ofertas galegas de calidade e libres como é o caso de Openhost

Grandes amigos de Inestable Openhost fíxonos unha oferta que non podiamos rexeitar. Ademais da súa labor co xornal colaborativo retrincos e desenrolando o cms para periódicos OpenNemas fixeron deles un gran valor no que Inestable pretende volcar a súa activade dixital os vindeiros anos.

Syndicate content