Skip to Content

robotica

Imaxe de nika

OSHWDEM 2012

O vindeiro 17 de novembro celébrase na Ágora da Coruña a OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

Vai ser un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico con un formato participativo e innovador, centrado no Open Source Hardware, ou Hardware Libre.
Retoma o testigo da Arduino Barcamp organizada por Inestable no ano 2011 e dá continuidade a eventos similares como a OSHWCON celebrado en Madrid en Setembro deste mesmo ano.

Imaxe de nika

Exito na Inestable Arduino Barcamp

A penas pasaron unhas horas dende que rematou a primeira Barcamp Arduino (#barcampOrdes11) e penso que a gran maioría estamos aínda asimilando todo o que onte vivimos, pero xa podo adiantarvos que todos os da organización estamos moi conentos co resultado da Barcamp, xa non so polas cousas que se presentaron, se non por xuntarnos e coñecer nova xente coas mesmas inquietudes, o que nos fai que estemos pensando xa en organizar a seguinte, que podería ser moi pronto. E sobre todo queremos dar as gracias de antemán a Jose, Óscar e Alex por organizar o evento.

Imaxe de nika

Repositoro de código robótica

Boas, comezamos a semana con novas sobre o obradoiro de robótica. Posto que esta semana comezamos con exemplos de código, creamos un proxecto na Forxa de Mancomún no que poder subir o código xerado no obradoiro. Podedes acceder ó proxecto na seguinte dirección: https://forxa.mancomun.org/projects/obradoironxt10/

Imaxe de nika

Primeira sesión do obradoiro de robótica

Onte, 5 de novembro, tivemos a primeira xornada do obradoiro de robótica que estamos realizando os venres deste mes de novembro. Tivemos unha boa participación, en total éramos máis de 20 persoas, o que fixo que houbese moi bo ambiente.

Montando os legos

Imaxe de nika

Obradoiro de robotica LEGO baixo software libre

Nesta primeira serie de obradoiros faremos unha introducción amena á programación e montaxe de pequenos robots Lego Mindstorms (http://mindstorms.lego.com) mediante a linguaxe de programación JAVA.

Cartel Robótica

O obxectivo final será montar, entre tódolos asistentes e mais os organizadores, un pequeno robot e programar as súas funcionalidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut